30 abr 2021

Achégase o día da gravación...

 Os ensaios son cada vez máis intensos, en maio iniciamos a gravación da obra deste ano que, ao non poder ser en formato teatral tradicional, sobre o escenario e con público, adopta unha forma alternativa; pero seguro que este elenco, coma sempre, consegue emocionarnos e abraiarnos co seu bo facer. Desde logo, están traballando duro para conseguilo!






20 abr 2021

Ensaio da declamación con Bacharelato

 Algúns dos alumnos de Bacharelato ensaiaron a lectura e declamación dos seus poemas, como representantes e finalistas da súa etapa nos Xogos Florais deste curso:




16 abr 2021

14 abr 2021

Preparación do acto de declamación

Proximamente terá lugar o acto de Declamación de poemas dos Xogos Florais, nesta edición 2021. Neste acto, os gañadores e finalistas lerán os seus poemas, e serán entregados os premios correspondentes. 

Xa empezamos coa preparación dos poetas para a gravación do acto, coa que cumpriremos con todas as medidas de prevención impostas pola situación Covid.

Mentres esperamos este acto, deixámosvos algunhas das imaxes desta preparación de poetas:



O GRAN DÍA

 Hoxe é o gran día! Xunto coa graduación da nosa promoción de 2º de bacharelato, chega o día da estrea da gravación dos Xogos Florais deste ...