21 may 2021

Derradeiros ensaio e gravación

 O día 20 de maio, e xa na sala chroma do colexio, o elenco fixo o derradeiro ensaio e a última gravación da obra de teatro. Isto vai collendo forma! Cada vez queda menos, os últimos detalliños e a edición de vídeo.

Proximamente tocaralle o turno aos poetas gañadores de gravar cadanseu poema, e o 11 de xuño... a estrea!






20 may 2021

Rodaxe nas Letras Galegas

 Celebramos o Día das Letras Galegas continuando ca rodaxe na segunda sesión, nesta ocasión en Santa Comba. O elenco está a facer o seu papel marabillosamente!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!







18 may 2021

Rodamos!

 O venres 14 de maio saímos con todo o equipo adecuado para comezar a rodaxe e, con pequenos problemiñas normais, todo saíu adienta nesta primeira xornada: 









O GRAN DÍA

 Hoxe é o gran día! Xunto coa graduación da nosa promoción de 2º de bacharelato, chega o día da estrea da gravación dos Xogos Florais deste ...