7 may 2019

Poetas finalistas

Marabillosos todos os nosos poetas seleccionados nesta edición dos Xogos Florais, na que celebramos nada menos que 50 anos!

6 may 2019

Poetas finalistas

Os poetas e poetisas finalistas desta L Edición dos Xogos Florais leron os seus poemas ante o público de Secundaria e Bacharelato, e recibiron os seus premios da man dos representantes da Ampa do colexio.


















3 may 2019

Pequenos Grandes Presentadores

A declamación de poemas dos Xogos Florais 2019 realizouse nun acto presentado polos integrantes máis novos do elenco: Adrián e Carlos. Uns fenómenos! Non vexades o ben que conduciron e amenizaron o acto no que lemos os poemas finalistas e entregamos os premios.

2 may 2019

Seguimos cos ensaios

Seguimos preparando a estrea de “Alicia”, ensaiando a tope para agradar ao noso público. Xa pronto veremos o resultado!





9 abr 2019

Caderno literario

Xa o temos aquí!! O caderno de “Alicia”, cos poemas seleccionados e gañadores desta L edición dos Xogos Florais, e o texto teatral que estamos preparando.
Cada vez queda menos! O 26 de abril os gañadores declamarán os seus poemas e o 24 de maio estreamos a obra. Esperámosvos!


4 abr 2019

O texto está rematado, os actores preparados e os ensaios en marcha para que esta L Edición dos Xogos Florais brille coa nosa “Alicia”.






11 feb 2019

Contamos con medios último modelo e moi tecnolóxicos para conseguir os planos necesarios nas nosas grabacións 😉 Quen necesita unha escaleira ou unha cámara-grúa!!

O GRAN DÍA

 Hoxe é o gran día! Xunto coa graduación da nosa promoción de 2º de bacharelato, chega o día da estrea da gravación dos Xogos Florais deste ...