27 may 2019

Tempo de despedidas

Dous dos integrantes do noso elenco de Xogos Florais 2.0 despídense este, o seu derradeiro ano na compañía teatral. Clara, Rodrigo, moitas grazas polo voso esforzo e dedicación, pola vosa presenza e o voso sorriso.


E... chegou o día!

Por fin! Estreamos este venres 24 de maio e toooodo saíu ben! Non fallaron os micrófonos, non houbo equivocacións, os poetas leron despacio e o público saíu encantado!
Gran traballo dos nosos actores e equipo técnico. Parabéns!












23 may 2019

Preestrea!

A nosa versión de “Alicia” está xa preparada, e fixemos unha preestrea con público (o alumnado de primaria) que desfrutou intensamente deste último ensaio xeral. E, sobre todo, vitorearon a Carlos e Adrián, os seus compañeiros de 6º de primaria, parte do elenco dos Xogos Florais.










A música

Nesta edición, para esta versión de “Alicia”, temos música en directo!

20 may 2019

Estrea de “Alicia”


A L EDICIÓN DE XOGOS FLORAIS COMPRÁCESE EN PRESENTAR...
“ALICIA”
Preestrea: xoves 23 de maio, para alumnado de Primaria
ESTREA: venres 24 de maio, ás 19:30
Última función: luns 27 de maio, para alumnado de Secundaria.


Derradeiros ensaios

Derradeiros ensaios... achégase a “Semana Grande”


7 may 2019

Poetas finalistas

Marabillosos todos os nosos poetas seleccionados nesta edición dos Xogos Florais, na que celebramos nada menos que 50 anos!

6 may 2019

Poetas finalistas

Os poetas e poetisas finalistas desta L Edición dos Xogos Florais leron os seus poemas ante o público de Secundaria e Bacharelato, e recibiron os seus premios da man dos representantes da Ampa do colexio.


















O GRAN DÍA

 Hoxe é o gran día! Xunto coa graduación da nosa promoción de 2º de bacharelato, chega o día da estrea da gravación dos Xogos Florais deste ...