11 jun 2021

O GRAN DÍA

 Hoxe é o gran día!

Xunto coa graduación da nosa promoción de 2º de bacharelato, chega o día da estrea da gravación dos Xogos Florais deste ano. 

Estamos cos nervios previos, pero todo sairá ben, nesta edición tan diferente a outros anos. Esperamos que todos os asistentes disfruten moito co resultado final.

Nunhas horas... abriráse o telón!

1 jun 2021

Faltan os poemas...

 Rematamos a fase de rodaxe coa gravación dos poemas premiados, declamados polos seus autores, como, por exemplo, o de Andrea Rodríguez, de 2º de ESO, que vemos nesta fotografía da gravación no chroma key.



Agora xa está todo en fase de edición e montaxe. Pronto veremos o resultado!

21 may 2021

Derradeiros ensaio e gravación

 O día 20 de maio, e xa na sala chroma do colexio, o elenco fixo o derradeiro ensaio e a última gravación da obra de teatro. Isto vai collendo forma! Cada vez queda menos, os últimos detalliños e a edición de vídeo.

Proximamente tocaralle o turno aos poetas gañadores de gravar cadanseu poema, e o 11 de xuño... a estrea!






20 may 2021

Rodaxe nas Letras Galegas

 Celebramos o Día das Letras Galegas continuando ca rodaxe na segunda sesión, nesta ocasión en Santa Comba. O elenco está a facer o seu papel marabillosamente!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!







18 may 2021

Rodamos!

 O venres 14 de maio saímos con todo o equipo adecuado para comezar a rodaxe e, con pequenos problemiñas normais, todo saíu adienta nesta primeira xornada: 









30 abr 2021

Achégase o día da gravación...

 Os ensaios son cada vez máis intensos, en maio iniciamos a gravación da obra deste ano que, ao non poder ser en formato teatral tradicional, sobre o escenario e con público, adopta unha forma alternativa; pero seguro que este elenco, coma sempre, consegue emocionarnos e abraiarnos co seu bo facer. Desde logo, están traballando duro para conseguilo!






O GRAN DÍA

 Hoxe é o gran día! Xunto coa graduación da nosa promoción de 2º de bacharelato, chega o día da estrea da gravación dos Xogos Florais deste ...