9 oct 2018

CORTE FLORAL 2018/2019

VELAQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTIÑOS DOS CATRO NOVOS MEMBROS

DESEXÁMOSLLE O MELLOR. A SÚA CLASE DE 2º DE BCH ELEXIUNOS E ASÍ POUSAN

DE CONTENTOS.





BASES DO CERTAME DOS L XOGOS FLORAIS 2-0



O SEMINARIO DE XOGOS FLORAIS 2.0 E A CORTE FLORAL 2018/2019
TEÑEN A BEN PRESENTARVOS O ANIVERSARIO DO SEU CERTAME POÉTICO. DAQUELA, ESTE ANO O ESPECTÁCULO QUE SE REPRESENTARÁ EN MAIO LEVARÁ POR TÍTULO ALICIA, NUNHA HOMENAXE EN VERSIÓN ADAPTADA DA OBRA UNIVERSAL DE LEWIS CARROL, ALICE IN WONDERLAND A OBRA TEN COMO LEMA XERAL: IMAXÍNATE!

CATEGORÍAS PARA O CONCURSO POÉTICO E LINGUA/S:

1a EDUCACIÓN PRIMARIA: 5º en galego e 6º en castelán.
O alumnado elaborará un poema de extensión libre mais con preferencia breve sobre o seguinte sublema: IMAXINA que..podes cambiar de tamaño e atreverte a ser...o que ti queiras.

2ª EDUCACIÓN SECUNDARIA:

1º da ESO en galego:
S
ublema: IMAXINA QUE...alguén che adiviña o futuro para responder a...
que queres ser de maior?

2º da ESO en castelánSublema: IMAXINA QUE...as loucuras...poden ser boas...aínda que te
tomen por tolo.

3º da ESO en castelán
S
ublema: IMAXINA QUE...queres convidar a unha marabillosa comida
a...para...

4º da ESO en galego
S
ublema: IMAXINA QUE...tes diante ao presidente do teu país...que lle
pedirías aínda que o puideses amolar?

3ª BACHARELATO: 1º e 2º ( en galego ou castelán ou nos dous).Sublema: IMAXINA QUE...tes todo o poder...e como se fose un xogo...que
farías con el?

ENTREGA DE POEMAS: PRAZO MÁXIMO 30 DE NOVEMBRO.
RESPONSABLE DO MODO DE ENTREGA: O/A PROFESOR/A DA LINGUA DE CONCURSO.

BENVID@S NOVA CORTE FLORAL 2018/2019

O luns 9 de outubro, ás 17: 30 h, na Aula de 2º de BACH procedeuse á elección dos representantes da CORTE FLORAL deste curso.

Os escollidos son:

Beatriz Abundancia como RAÍÑA

Carlos Rodríguez como CABALEIRO

Sofía Cougil como DAMA

Nicolás Castro como CABALEIRO

A partir de agora terán a responsabilidade de representar aos seus compañeiros e de colaboraren na deseño do proxecto artístico deste ano que terá como colofón o espectáculo ALICIA alá polo mes de maio.



LONGA VIDA Á CORTE! e moitos parabéns desde o SEMINARIO DE XOGOS FLORAIS 2.0 que guiará a L edición.

O GRAN DÍA

 Hoxe é o gran día! Xunto coa graduación da nosa promoción de 2º de bacharelato, chega o día da estrea da gravación dos Xogos Florais deste ...