9 oct. 2018

BASES DO CERTAME DOS L XOGOS FLORAIS 2-0



O SEMINARIO DE XOGOS FLORAIS 2.0 E A CORTE FLORAL 2018/2019
TEÑEN A BEN PRESENTARVOS O ANIVERSARIO DO SEU CERTAME POÉTICO. DAQUELA, ESTE ANO O ESPECTÁCULO QUE SE REPRESENTARÁ EN MAIO LEVARÁ POR TÍTULO ALICIA, NUNHA HOMENAXE EN VERSIÓN ADAPTADA DA OBRA UNIVERSAL DE LEWIS CARROL, ALICE IN WONDERLAND A OBRA TEN COMO LEMA XERAL: IMAXÍNATE!

CATEGORÍAS PARA O CONCURSO POÉTICO E LINGUA/S:

1a EDUCACIÓN PRIMARIA: 5º en galego e 6º en castelán.
O alumnado elaborará un poema de extensión libre mais con preferencia breve sobre o seguinte sublema: IMAXINA que..podes cambiar de tamaño e atreverte a ser...o que ti queiras.

2ª EDUCACIÓN SECUNDARIA:

1º da ESO en galego:
S
ublema: IMAXINA QUE...alguén che adiviña o futuro para responder a...
que queres ser de maior?

2º da ESO en castelánSublema: IMAXINA QUE...as loucuras...poden ser boas...aínda que te
tomen por tolo.

3º da ESO en castelán
S
ublema: IMAXINA QUE...queres convidar a unha marabillosa comida
a...para...

4º da ESO en galego
S
ublema: IMAXINA QUE...tes diante ao presidente do teu país...que lle
pedirías aínda que o puideses amolar?

3ª BACHARELATO: 1º e 2º ( en galego ou castelán ou nos dous).Sublema: IMAXINA QUE...tes todo o poder...e como se fose un xogo...que
farías con el?

ENTREGA DE POEMAS: PRAZO MÁXIMO 30 DE NOVEMBRO.
RESPONSABLE DO MODO DE ENTREGA: O/A PROFESOR/A DA LINGUA DE CONCURSO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Elenco 2019/20

Xa temos o ELENCO para os Xogos Florais deste curso!!! Velaquí a Compañía ao completo: