E seguimos ensaiando os venres, puntualmente; coa novidade, este ano, de gravar as sesións.
Seguro que isto nos da moito material de “tomas falsas”.
E seguimos ensaiando os venres, puntualmente; coa novidade, este ano, de gravar as sesións.
Seguro que isto nos da moito material de “tomas falsas”.
O noso elenco para este ano está case completo! E a falta dunha das participantes, Celia, que non podía estar para a foto, tedes aquí aos restantes do grupo: Adrián, Carlos, David, Marco e María. Dámoslle a especial benvida a Marco e David, novos fichaxes deste curso.
Xa temos aquí os representantes do curso de 2º bacharelato para este curso!!! Ímolos presentar:
Sara Blanco, raíña;
Luis Fernández, rei;
Paula Nóvoa, dama de honra;
Miguel Arias, paxe.
Velaiquí a foto, cos seus titores:
Iniciouse xa o novo curso 2020/21, un curso diferente, marcado polas restricións que nos impón a pandemia de Covid-19, pero a nós pódenos a ilusión de crear un novo proxecto para Xogos Florais na súa LII edición. Este ano ímonos a un clásico, “As aventuras de Tom Sawyer” de Mark Twain, que Xian Bobillo adaptou para a representación teatral.
En breve, tamén, comezará o concurso literario. Informarémosvos!
Hoxe é o gran día! Xunto coa graduación da nosa promoción de 2º de bacharelato, chega o día da estrea da gravación dos Xogos Florais deste ...