19 ene 2021

Continuamos...

 E seguimos ensaiando os venres, puntualmente; coa novidade, este ano, de gravar as sesións.

Seguro que isto nos da moito material de “tomas falsas”.


 

12 ene 2021

Ano novo, ensaios novos!

 


Iniciamos o novo ano comezando os ensaios xa!
Por suposto, con todas as medidas de seguridade necesarias: máscaras, distancia interpersoal, desinfección, pero a ilusión non faltou! 

3 nov 2020

O elenco 2020 preséntase:

 O noso elenco para este ano está case completo! E a falta dunha das participantes, Celia, que non podía estar para a foto, tedes aquí aos restantes do grupo: Adrián, Carlos, David, Marco e María. Dámoslle a especial benvida a Marco e David, novos fichaxes deste curso. 



20 oct 2020

Corte Floral 2020/21

 Xa temos aquí os representantes do curso de 2º bacharelato para este curso!!! Ímolos presentar:

Sara Blanco, raíña;

Luis Fernández, rei;

Paula Nóvoa, dama de honra;

Miguel Arias, paxe.

Velaiquí a foto, cos seus titores:



6 oct 2020

Novo curso, novo proxecto.

 Iniciouse xa o novo curso 2020/21, un curso diferente, marcado polas restricións que nos impón a pandemia de Covid-19, pero a nós pódenos a ilusión de crear un novo proxecto para Xogos Florais na súa LII edición. Este ano ímonos a un clásico, “As aventuras de Tom Sawyer” de Mark Twain, que Xian Bobillo adaptou para a representación teatral. 

En breve, tamén, comezará o concurso literario. Informarémosvos!



13 may 2020

Big Bang Adolescencia

O mes de maio é, para todos os integrantes deste grupo, o mes dos “Xogos Florais”: o tempo dos nervios, dos ensaios intensos, dos últimos preparativos e, sobre todo, o mes da estrea de todo o que levamos preparando durante o curso.
Sen embargo, este ano, polas circunstancias excepcionais que estamos a vivir coa pandemia de Covid-19, vémonos na obriga de suspender a estrea. Quizáis noutro momento, quizáis o curso que ven, podamos retomar con toda a ilusión intacta o traballo e volvamos ao escenario. Mentres tanto, #QuedaNaCasa, #SeResponsable, #ManténADistancia e desfruta do cartel que deseñamos para ti nesta LI Edición dos Xogos Florais.

18 ene 2020

Comezan os ensaios

Comezamos un novo ano, e con el principiamos por fin os ensaios de “Big Bang Adolescencia”. O elenco ao completo xúntase cada venres tarde para ir, pouco a pouco, poñendo a punto a obra deste ano, baixo a dirección e consellos de Xián e Andrea. Seguro que xa saben os seus papeis de principio a fin! Sobre todo, despois de practicar coas dinámicas de mnemotécnica que lles trae Xián. Aquí tedes unhas pouquiñas fotos para ir abrindo boca:





O GRAN DÍA

 Hoxe é o gran día! Xunto coa graduación da nosa promoción de 2º de bacharelato, chega o día da estrea da gravación dos Xogos Florais deste ...