10 oct 2012

UN PROXECTO SERIO

Faise imprescindible mellorar 


Urge avanzar, como la sabia naturaleza, que se recrea cada primavera...


Observamos a necesidade de traballar máis nos seguintes aspectos:


a) Formar ao GRUPO DE TRABALLO dos XOGOS FLORAIS 2.0. en ámbitos específicos que esixe a actividade (aparellos de luz e son, recursos tics…)

b) Implicación do alumnado na preparación de poemas de calidade.
c) Dotar ao centro de recursos materiais imprescindibles no salón de actos (luz e son)

d) Soster a colaboración dos pais na estrea do espectáculo (primeira semana de maio)

e) Involucrar ao entorno na participación da xornada de portas abertas (espectáculo aberto á cidade)


Non so a actividade dos XOGOS FLORAIS 2.0 no noso colexio é unha plataforma para escribir poesía, xa que, ademais de mostrar criterios técnicos para unha correcta expresión escrita e estratexias declamatorias para a posta en escena, a posta en marcha do espectáculo de cada curso comeza no mes de setembro e afecta a tódolos cursos de ESO-BAC. e a varios departamentos.


Deste xeito, crease un sistema de cooperación interdepartamental moi interesante, e que o alumnado percibe como eficaz. 


Ábrense as portas a implicación doutros docentes e materias, e por suposto, de todo o alumnado.

Por exemplo:


a) Elaboración de carteis promocionadores do acto (afecta ao Departamento de Plástica).

b) Incorporación de momentos musicais no acto ca participación do Departamento de Música.

c) Ante a necesidade de soster o nivel acadado nos últimos anos, é imprescindible implicar ao alumnado e incitar dende as aulas, co apoio do Equipo Directivo e da ANPA, a participación activa. Nós, o GRUPO de TRABALLO dos XOGOS FLORAIS 2.0 , polo tanto, comprometémonos a mellorar e a crear cada ano un espectáculo orixinal e digno.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

O GRAN DÍA

 Hoxe é o gran día! Xunto coa graduación da nosa promoción de 2º de bacharelato, chega o día da estrea da gravación dos Xogos Florais deste ...